sábado, 31 de outubro de 2015

Samaín

E chegou o Samaín!!!! Unha das nosas festas favoritas... aínda que non nos agrada moito eso de pasar medo.

Para empezar a nosa compañeira Noelia trouxonos unha cabaza terrorífica para decorar a aula. MOITÍSIMAS GRAZAS a Noe e a súa mamá polo traballo e a colaboración.


Outra compañeira nosa, Nerea, foi quen de facer este cadaleito coa súa familia e traérnolo para decorar a entrada do cole. Non so está perfectamente feito, senón que aínda porriba dá moito medo!



A profe, aproveitando que era o último día de clase antes do Samaín, díxonos que podiamos vir coa cara pintada dun xeito terrorífico... E VAIA SE O LOGRAMOS! A algúns de nós que non viñamos pintados, pintounos ela. Aquí nos tedes a todos, pero avisamos que...

DAMOS MOITÍSIMO MEDO!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario