venres, 18 de marzo de 2016

Joan Miró

Seguindo co noso traballo sobre distintos artistas, desta centrámonos en Joan Miró. Baseámonos neste cadro del para inspirarnos. Que vos parece?





Rincóns: 2ª parte

Nesta ocasión deixámosvos algunhas fotos de nós xogando nos rincóns nos nosos ratos libres cando rematamos as tarefas. Sen dúbida é o que máis nos agrada!









Novo xogo para os rincóns

Aproveitando que xa somos todos uns expertos nas sumas de tres números, a profe fíxonos este xogo no que temos que lanzar 3 bolas e logo sumar para saber quen gañou a partida. So podemos dicir que nos encanta! Se por nos fose, non faciamos outra cousa en toda a mañá.

Investigamos sobre máquinas e enerxías

Aquí tedes algunhas fotos de nós facendo a nosa investigación para dar resposta ás preguntas que nos fixemos sobre o tema "Mundo de máquinas".






Inventores!

Como parte do noso proxecto de ciencias "Mundo de máquinas" e despois de todo o que investigamos e aprendemos sobre elas e a enerxía, decidimos lanzarnos a crear os nosos propios inventos. Aquí están!