L. adiviñas

A última incorporación ao noso proxecto de libretas viaxeiras foi a libreta de adiviñas, onde poderemos inventar ou ben copiar unha adiviña.

O primeiro en levala foi o noso compi Rodrigo, que nos puxo unha que nos custou bastante acertar, pero ao final demos coa resposta. Atrevédesvos?


O seguinte en traela será Lucas. Atentos!

[20-11-2015]
A adiviña de Lucas, a pesares de ser curta, foinos complicada de acertar. A ver se a vós de vos dá mellor...


Tócalle a Saray. Adiviñarémola?

[23-11-2015]
Pois esta adiviña tamén nos custou! Pero seguro que vós a sacades logo...


Levouna Izan, pero antes de irse, díxonos que xa sabía cal ía poñer. 

[25-11-2015]
Aquí tedes a adiviña de Izan, Foinos moi doada de resolver, e por iso nos gustou especialmente.


 

Turno de Catalina! Seguro que nos agrada moito, porque é unha artistaza.

[26-11-2015]
Tiñamos razón! Mirade que chula lle quedou a páxina de adiviñas a Catalina.



O seguinte en desafiarnos coa súa adiviña será Carlos.

[27-11-2015]
Un día nada máis tardou Carlos en facer a súa adiviña. Mirade!


Antía terá que facer agora a súa páxina...

[30-11-2015]
A adiviña de Antía estaba chea de pistas, así que a resolvemos moi rápido.



A ver que adiviña nos trae Daniela Celard!

[9-12-2015]
Aquí está! Tratade de adiviñala vós, que nós xa o fixemos!


Temos moitas gañas de ver o que nos trae Pauliña!!

[14-12-2015]
Pois aquí a tedes! Retámosvos a tratar de resolvela!



Que nos fará Enzo? Verémos...

[15-12-2015]
Un so día tardou Enzo en facer a súa adiviña!



E outra libreta que se nos vai descansar por vacacións! Veremos máis adiviñas á volta. BO NADAL!

[8-01-2016]
Uxía foi a primeira en traer a libreta de adiviñas neste 2016.


O seguinte será... Miguel!

[11-01-2016]
Aquí está a adiviña de Miguel!


Turno de Marcos!

[18-01-2016]
Páxina de Marcos. Adiviñades?


Xela será a seguinte...

[25-01-2016]
E velaquí a súa adiviña!

O seguinte? ÁLVARO!

[02-02-2016]
Atrevédesvos coa adiviña de Álvaro?


O seguinte é Anxo.

[4-04-2016]
Non nolo puxo moi fácil Anxo...

Noe, tócache!

[12-02-2016]
E aquí nola trouxo!

Turno de... Daniela R.!

[16-02-2016]
Moi chula lle quedou a Daniela Rodríguez a súa adiviña.


Nere será a seguinte.

[17-02-2016]
Pois dicir que nos agradou moito a súa adiviña!


E agora, traerá a súa adiviña Juan.

[22-02-2016]
Si que nos agradou a adiviña de Juan!


Seguirá coa libreta Julieta.

[29-02-2016]
Moito nos custou adiviñar esta!


E DESTE XEITO REMATAMOS A NOSA LIBRETA DE ADIVIÑAS. NOS VINDEIROS DÍA, COMEZARÁ A VIAXAR DE CASA EN CASA PARA QUE POIDADES DESFRUTAR DELA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario