sábado, 24 de outubro de 2015

Miguel López

O protagonista desta semana trouxonos un montón de cousas de cando era pequeno, e explicounolas todas moi ben!!


O primeiro que nos ensinou foi un álbum de fotos, que as tiña desde que naceu ata agora. Explicounos cada unha delas, con quen estaba, que facía, canto tempo tiña...



Tamén nos ensinou o seu primeiro traxiño, a roupa coa que os seus pais o levaron para casa a primeira vez. Por máis que o intentamos, non conseguimos que o Miguel de agora collera na roupa de o Miguel recén nacido!!



Logo ensinounos uns xoguetes que levan con el desde que era un bebé ata agora, e que segue desfrutando tanto coma daquelas!!! Como non, trátase dun coche e unha moto... a que rapaz ou rapaza non lle agradan?


O seguinte foi o seu peluche favorito de cando era pequeno. Levábao a todas partes con el, e gustáballe moito porque era suave, facíalle ruído, tiña mordedor...



E por último, o moneco co que durmía de pequeno. Non era capaz de durmir se non o tiña con el. Aos nenos e nenas sueles pasarlles iso!


En canto á súa habilidade especial, díxonos que era montar no patinete, pero non o trouxo. Eso sí, prometeunos que outro día nolo traería para facernos unha demonstración. De momento dámoslles as grazas a Miguel e á súa familia polo ben que o fixo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario