domingo, 10 de xaneiro de 2016

Debuxos repasados

Para a nosa primeira clase de plástica do 2016, aprendemos a facer debuxos repasados con cor negra, e descubrimos a diferenza que lle dá a un debuxo esa simple técnica. A partires de agora utilizarémola sempre!


















Cumple de Daniela R.

A nosa compi Daniela Rodríguez foi a segunda da clase en cumplir os 7 anos, e para festexalo trouxo un bizcoito que estaba tan bo que case non queda para o seu irmán! 

FELICIDADES, DANIELA!


Libro da familia

Xa volvemos das vacacións do nadal con moitas ganas de volver ao cole. Para rematar o proxecto "Unha chea de familias", fixemos o libro da familia, onde puxemos tódolas entrevistas que fomos facendo na casa a membros das nosas familias. Quedounos moi ben, non credes?