mércores, 21 de outubro de 2015

Daniela Rodríguez

Comezamos co noso proxecto anual "O protagonista da semana", e a primeira foi a nosa valente compañeira Daniela Rodríguez. Trouxo un traballo cunha foto dela cuns poucos meses de idade, e unha pulseira feita por ela, e explicounos que se lle daba moi ben facelas.


Logo fíxonos unha demostración dunha das súas habilidades: o baile galego! Non so se lle dá moi ben, senón que pidiu que a súa compañeira Xela, que tamén sabe baile galego, bailase con ela. Mirade que ben o fixeron!





XENIAL, DANIELA! AGRADOUNOS MOITO TODO O QUE NOS CONTACHES! MOITAS GRAZAS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario