L. poemas

Como nos está a agradar moito esto das libretas viaxeiras, esta vez comezamos a libreta dos poemas, onde podemos inventar ou copiar un, e acompañalo cun debuxo.


O primeiro en levala foi Carlos, que nos fixo xa o mesmo día o poema da canción do pirata.


Tocaralle a Antía a seguinte páxina. Estamos ansiosos por vela!


[13-11-2015]
Que pouco tardou Antía en traernos a libreta de poemas de volta! E escribiunos a letra da canción do barquiño. Como non, cando nola leu, acompañámola todos cantando con ela.


Turno agora de Daniela Celard. A ver que nos trae.


[16-11-2015]
Pois Daniela fixo unha das súas marabillas, facéndonos un poema sobre unha escola de peixiños, co seu debuxiño.


A seguinte é Paula, e estamos convencidos de que tamén nos vai agradar!


[17-11-2015]
Paula trouxo o poema do gato Honorato, que nos agradou moito repetir con ela. E tamán nos quixo explicar os debuxos tan chulos que fixo.


Miguel será o seguinte en ser poeta. Esperámoste!

[23-11-2015]
Vaia poema nos trouxo Miguel! E segundo di el mesmo, aínda o acurtou, porque ser, era máis longo. Eso si, encantounos, e quedamos con gañas de que nos conte o resto do poema.


Marcos será o seguinte... a ver, a ver...

[30-11-2015]
E aquí tedes o poema de Marcos. Dicir que nos gustou moito tanto o poema, coma a decoración que o acompañaba.


Turno de Xela!! Estade pendentes...

[9-12-2015]
A nosa Xela trouxo este poema que tanto nos agradou. Graciñas, compi!


O seguinte é Álvaro. Estamos desexando ver o seu poema!

[10-12-2015]
Aquí está o poema de Álvaro! Como nos gustou escoitar ao noso compi leelo. 


Deixamos descansar a esta libreta tamén. Voltaremos en xaneiro! BO NADAL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario