L. pegadas

Outra libreta despegou cara a casa dos nenos e nenas de 1ºB. Nesta ocasión, a libreta de pegadas, na que teremos que estampar as nosas pegadas de dedos, máns, pe... e con elas facer un debuxo que se pode completar do xeito que queiramos.


Estrea a libreta Enzo. A por ela, artistazo!

[09-11-2015]
Enzo xa nola trouxo, e mirade que cousa bonita nos fixo estampando os seus dediños!


Julieta será a seguinte en levala. A DESFRUTALA!

[13-11-2015]
Que pasada a contribución da libreta viaxeira de Julieta!


Turno de Uxía... esperamos que o pase ben facéndoa!


[16-11-2015]
Uxía quixo aproveitar a súa contribución á libreta de pegadas, solidarizándose co noso país veciño, Francia, e amosando o seu rexeitamento aos últimos acontecementos de París. Toda unha lección que moitos adultos deberían ter aprendida.


E a libreta marchou para a casa de Rodrigo. Esperámola con moitas ganas!

[23-11-2015]
Vaia traballeira lle deu a Rodri o seu traballo, facéndo un a un tódolos xogadores e persoas do público coa pegada dos seus dedos. Mirade...


A libreta agora vai para a casa de Lucas. Esperamos que a desfrute!

[25-11-2015]
Lucas trouxo ben rápido a libreta e mirade que nos fixo!


O seguinte será Miguel. Esperámola!

[02-12-2015]
Miguel quixo aproveitar que xa estamos en decembro para facernos unha árbore de nadal coas súas mans. E vaia se lle quedou ben!


Turno de Marcos!!! 

[20-12-2015]
O noso Marcos é un auténtico afeccionado aos dinosaurios, así que aproveitou a libreta de pegadas para facernos un inventado por el.



Ningún comentario:

Publicar un comentario