L. nomes

Comezamos co noso proxecto de libretas viaxeiras coa libreta dos nomes. O primeiro en levala foi Marcos... que credes que nos traerá? Iremos actualizando esta mesma entrada cada vez que a libreta volva á clase, co que vaia engadindo cada neno e nena. 



[3-11-2015] 
O noso compañeiro trouxo a libreta dos nomes, e inventou unha frase co seu nome que nos fixo rir moito! 


A seguinte en levar a libreta foi Xela... que nos traerá?

[09-11-2015]
Aquí está a páxina de Xela, que nos fixo con moita arte. 


Así que agora é o turno de Álvaro... estamos impacentes!

[10-11-2015]
Xa no mesmo día que a levou, Álvaro nos fixo a súa contribución á libreta de nomes. E vaia se lle botou imaxinación!


Turno agora de Juan. Que nos fará?

[16-11-2015]
A frase de Juan coas letras do seu nome tampouco estivo nada, nada mal. Mirade:



O seguinte é Anxo. A ver que se inventa!

[17-11-2015]
So un día lle levou a Anxo compornos esta frase co seu nome:


Turno de Noelia, que xa lle dixemos que non valía facer trampas e abreviar o seu nome a Noe! A ver que trae...

[18-11-2015]
Pois estamos a tope coas libretas! Noe tamén nola trouxo nun so día. E mirade que orixinal!


E ala foi a libreta para unha nova casa, nesta ocasión de Daniela Rodríguez. Veremos que fai!


[20-11-2015]

Daniela R. xa nos trouxo o seu traballo da libreta dos nomes. Aquí o tedes.


E da casa de Daniela, a libreta marcha para a de Alain. A ver que se inventa...

[23-11-2015]
Xenial o traballo de Alain! Comprobádeo vós mesmos:


A seguinte será Saray, que ben seguro que nos traerá algo chulo.

[26-11-2015]
Gustounos moito o que Saray nos fixo co seu nome!


Turno de Izan!!!

[30-11-2015]
O nome de Izan quedou xenial coas letras que lle engadiu. Comprobádeo!


Turno de Catalina, que cun nome tan largo seguro que nos fai algo que nos encanta.

[1-12-2015]
Como era de esperar, a páxina co nome de Catalina encantounos. Tiña moitas letras, pero conseguiu superarse.


A ver que nos fai Carlos, que é o próximo!

[2-12-2015]
Pois so un día lle levou a Carlos facer a súa páxina do nome. E luciuse!!!


Antía será a seguinte en facernos algo co seu nome. Seguide atentos!

[4-12-2015]
Pois aquí a tedes!! Moitas grazas pola túa contribución á libreta dos nomes, Antía.


Turno agora para Rodrigo!

[9-12-2015]
Si, señor, Rodrigo! Gustounos moito o que nos escribiches co teu nome.


O noso Lucas será o seguinte en inventarse algo co seu nome!

[14-12-2015]
Mirade que chula a páxina de Lucas! O noso aplauso, compañeiro!


Antes das vacacións do nadal, levará a libreta o noso compañeiro Miguel. 

[15-12-2015]
Pois aquí está de volta a libreta, nas máns de Miguel. Moi ben, Miguel!


E deste xeito, dámoslle descanso á nosa libreta dos nomes. BO NADAL!!

[11-01-2016]
Aquí está a páxina da nosa compi Paula!


O seguinte? ENZO!

[14-01-2016]
Enzo foi moi orixinal co seu nome...


Turno de Uxía!

[18-01-2016]
Moi chula a páxina de Uxía, comprobádeo!

A seguinte será Julieta!

[19-01-2016]
E a pesares de ter moitas letras, Juli conseguiu facer moi ben o seu nome.


Turno de Daniela C.

[25-01-2016]
Moi chula a páxina da nosa compi Daniela!



E ASÍ REMATA A NOSA LIBRETA DE NOMES. EN BREVE EMPEZARÁ A IR DE CASA EN CASA PARA QUE TODOS E TODAS A POIDADES VER. ESPERAMOS QUE VOS AGRADARA TRABALLAR NELA!

1 comentario: