venres, 13 de maio de 2016

Poema "O SOL" de Manuel María

Aquí vos deixamos a nosa homenaxe a Manuel María polas Letras Galegas 2016, recitando entre todos/as un dos seus poemas: O SOL. Esperamos que vos agrade, pois fixémolo con moito cariño.


Trabalinguas "El burro y el perro"

Propoñémosvos que intentedes dicir este trabalinguas dende o comezo ata o final sen trabarvos tal como conseguimos facer nós!


Medran as nosas legumes

Xa fai unha semana que plantamos as nosas legumes, e mirade que grandes están xa! Algunhas teñen raigaña, pero e que outras xa teñen talo e follas! Seguiremos poñendo fotos segundo vaian medrando para que aprecedes os cambios!


MÉRCORES 11 DE MAIO:




VENRES, 13 DE MAIO



MÉRCORES, 18 DE MAIO



VENRES, 20 DE MAIO


Salma a cadela

O noso compi Rodrigo, xunto coa súa nai Paloma, trouxo á clase á súa cadeliña Salma, unha Golden Retriever de 10 anos, e enterámonos de que 10 anos nun can equivalen a... 70!! Case todos nós coñeciamos xa a Salma, pero aínda así gustounos saber máis sobre ela, e sobretodo sobre como coidala. Moitísimas grazas a Rodri e á súa nai pola colaboración.




Queen a cadela

Queen, a cadeliña de Julieta veu ao cole a que a coñeceramos, e a pesar de que se puxo moi nerviosiña porque so ten dous meses, ao final fíxose moi amiga nosa e puidemos aprender das sçúas características, e como Julieta e a súa familia a coidan. Dámoslles as grazas por traérnola!




Pancho o can

A seguinte mascota en vir visitarnos á clase foi Pancho, o canciño de Noelia Rodríguez. Encantounos acaricialo, e aprender as súas características e os seus coidados. Moitas grazas a Noe e a súa mamá por presentarnos a Pancho!




Nemo o peixe

En ciencias estamos traballando os seres vivos, e dentro da parte dos seres vivos, decidimos que que mellor maneira de aprender as características dos animais que traéndoos ao cole e véndoos de preto. Deste xeito, están vindo a visitarnos varias mascotas da aula, e a primeira delas foi Nemo, o peixiño de Paula del Río. Veu ao cole pasar unha mañá con nós, e coidámolo moi ben e aprendemos moito sobre as características dos peixes. Moitas grazas a Nemo, e a Paula e a súa familia pola colaboración. 






Coas mascotas que vaian vindo visitarnos, faremos un libro de mascotas que en breve comezará a ir de casa en casa para que todos e todas as poidamos aprezar.

Como beben as plantas

Para descubrir como fan as plantas para beber a auga, fixemos un experimento que podedes facer nas vosas casas fácilmente. Hai que poñer auga nun recipiente con colorante (pode ser alimentario, tinta, cartucho de rotulador, témpera...), e engadir logo unha flor branca. Ás poucas horas poderedes apreciar como os pétalos brancos se van tinguindo coa cor da auga.

As flores no primeiro día

Cuarto día


Séptimo día

Actividade de reciclaxe

Desde o Concello veu ao noso cole un camión de reciclaxe, co que practicamos todo o que levamos aprendido ao longo do curso sobre o tema. A verdade é que temos o tema máis que dominado! Non fallamos unha!













Na web do cole atoparedes máis fotos da actividade, incluidas as fotos da visita do Alcalde Abel Caballero.

Actividade Reciclaxe CEIP Balaídos

Neste enlace podedes atopar ademais como a prensa se fixo eco da noticia:

Reciclaxe Balaídos na prensa