L. favoritos

Nesta nova libreta faremos un pequeno diario coas cousas favoritas dos nenos e nenas de 1ºB, e pode ser calqueira cousa! Comida, deporte, xogo, lugar, persoa.... Segundo a vaian traendo, iremos actualizando esta mesma entrada. estade atentos!

A primeira en levala foi Daniela Rodríguez. A ver que nos trae!



[4-11-2015]
A Daniela gustoulle tanto a idea que nola trouxo xa o día seguinte de levala! E aínda porriba, mirade que preciosidade nos fixo, porque non se daba decidido entre as monecas e a música, así que nos debuxou e decorou isto:


Agora é o turno de Alain... a ver con que nos sorprende!


[10-11-2015]
Alain xa trouxo a libreta dos favoritos, e como non, a súa páxina estivo adicada a xogar ao fútbol cos amigos.


Levouna Nerea entón, e estamos seguros de que nos encantará o que ela faga!


[11-11-2015]
No mesmo día que a levou, Nerea tiña tantas ganas de facer a súa parte que xa se puxo! E como podedes ver, as súas cousas favoritas son o ballet, os patíns, e ser coqueta.


A seguinte será Saray, outra das artistas da clase. Estamos impacentes!


[13-11-2015]
A contribución de Saray á libreta de favoritos foi unha pasada. Aquí podedes ver como a súa cousa favorita é debuxar princesas.


Turno de Izan. Con que nos sorprenderá?


[17-11-2015]
Pois Izan veo coa libreta, e descobrimos que a súa cousa favorita no mundo é xogar ao fútbol. Gústavos o debuxo que fixo?


A libreta marcha cara casa de Catalina. Esperámola impacentes!

[18-11-2015]
Un día tardou Catalina en facer a súa contribución, e iso que o fixo xenial! Usou todo tipo de materiais para contarnos que a súa cousa favorita no mundo é xogar coas súas barbies. Toda unha artista.


O seguinte? Carlos! A ver que nos trae...

[23-11-2015]
Pois Carlos non nos decepcionou, máis aínda tendo en conta que o seu favorito coincide co de moita xente (sobretodo coa profe): as carreiras de motos. E aínda porriba, o seu piloto favorito foi o que gañou este ano: Jorge Lorenzo. Moitas grazas por compartir esto con todos nós, Carlos.


Antía, tócache! A ver que nos tras...

[26-11-2015]
O favorito de Antía resultou ser bailar! Pero observade que maneira máis chula de contárnolo!


A seguinte? Daniela Celard!!! Atentos..

[30-11-2015]
Coincidimos case todos e todas con Daniela Celard en que nos encanta moito tamén a súa cousa favorita! E fixádevos ben que ben nola soubo contar.


Turno de Paula!

[4-12-2015]
Paula contounos, e ensinounos na súa páxina da libreta de favoritos, que o que máis lle agrada a ela son as pegatinas. Quedounos claro ao ver a súa páxina!


A seguinte páxina para Enzo!

[9-12-2015]
Como non, a páxina de Enzo foi sobre o fútbol. Non hai nada que lle agrade máis que iso!


Julieta será a seguinte...

[14-12-2015]
Que Julieta é unha artista xa o sabiamos, pero desta superouse. Que é o seu favorito? Mirar as estrelas.


Turno de Uxía!!!

[17-12-2015]
O que máis lle gusta a Uxía e ir á piscina, e moitos de nós opinamos coma ela. Mirade que piscina nos debuxou Uxía.


Deixamos á libreta descansar polo Nadal, que tamén o ten gañado, e á volta das vacacións volverá ir de casa en casa para seguir enchendo as súas páxinas cos favoritos dos nenos e nenas de 1ºB. BO NADAL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario