domingo, 28 de febreiro de 2016

Aparecemos na radio

Grazas ao pai de Daniela Rodríguez, Pablo, o venres día 26 de febreiro sobre as 12:30 da mañá, os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB aparecemos en turadio. Aquí podedes escoitar o fragmento:


Facemos un cómic de Vigo

Aquí vos deixamos as fotos de nós facendo o cómic por parellas. Estamos feitos uns expertos!









Experimentos: O son

O laboratorio do centro propuxo uns experimentos co son nos que puidemos descubrir moitas curiosidades sobre o mesmo.

O TELÉFONO
Aquí puidemos escoitar como o son se propaga a través dun fío que estea tenso.



APAGA A VELA
Neste outro puidemos comprobar como as vibracións do son xeran suficiente aire como para apagar unha vela.



A PERCHA
Sabiades que o do teléfono, combinado cunha percha, fai que se golpeamos a percha, poidamos escoitalo polos vasos? Pero ollo! So se a percha é metálica.


AURICULARES
Por último, aprendemos que aínda que non poidamos escoitar algo porque ten un volume moi baixo, facendo un amplificador caseiro cunha cartolina, poderemos escoitar perfectamente como se estivese a un volume normal.










Antes de irnos, e sen que tuvese nada que ver co son, cadrou que xusto esa semana naceu un poliño ao que por suposto quixemos coñecer. Aquí volo presentamos:

Profesións: policía

O pai do noso compañeiro Juan veu ao cole para explicarnos como é a súa profesión de policía, e grazas a el aprendemos moitas cousas sobre o oficio. Por suposto agora todos queremos ser polis!

Empezou ensinándonos como é o seu uniforme e que cousas usan os policías no seu traballo.



Logo púxonos un vídeo no que puidemos ver como actúan os cans policías. Alucinante!


E despois do vídeo... esposounos a algúns de nós!


O seguinte deixounos sen palabras: tomounos as pegadas dactilares a todos/as! E non so iso, senón que puidemos velas cunha lupa.








Aprendemos tamén como se poden sacar pegadas das palmas das mans nun papel. Primeiro fretamos as mans no pelo, puxémolas nun papel, e Miguel ao botar pó de ferro nel apareceron máxicamente as nosas mans marcadas no folio!



Por último, deunos uns carnets de policía no que imos poñer as fotos que nos fixemos coa gorra del. Mirade que super polis!








So nos queda agradecerlle a Miguel a súa colaboración, dicirlle que o pasamos moi ben con el, e que aprendemos moito sobre o seu oficio.