xoves, 24 de decembro de 2015

Cumple de Nerea

A nosa compañeira Nerea xa ten 7 anos! E como naceu o día 27, decidimos celebrarllo o último día de clase. Trouxo unha tarta riquísima, que ademais cadrou coa merendola de nadal, que senón dabamos boa conta dela!

Moitas felicidades, compañeira!!!



mércores, 23 de decembro de 2015

Festinadal

Chegou o día do festinadal, e por fin actuamos coa nosa canción "Rodolfo el reno". Saiunos moi ben, comprobádeo vós mesmos...



O resto das actuacións, como sempre, na web do cole:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/

Cantamos os reis

Como xa é costume, o último día de clases antes do nadal viñeron nenos e nenas de todo o cole cantar os reis á nosa clase, e despois fomos nós por tódalas aulas cantar os nosos. Aquí tedes o vídeo, e a continuación algunhas fotos. Esperamos que vos agraden!


















Se queredes ver as actuacións das demais clases, podédelas atopar na web do cole, no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/

Visita dos reis magos

OS REIS MAGOS VIÑERON AO COLE! 

Non puidemos agochar a nosa emoción de telos alí, facernos fotos con eles, e pedirlles no seu colo o que queremos que nos traian. 








Ao rematar, fixémonos unha foto todos xuntos con eles. 



Foto de nadal

Dentro das actividades do noso calendario de advento, desta tocounos facer unha foto de toda a clase.





sábado, 12 de decembro de 2015

Patinamos sobre o xeo!

Os nenos e nenas de 1º fomos á pista de patinaxe sobre xeo de Samil. Temos que recoñecer que iamos un pouco asustados por iso de caer e facernos dano, pero... nada máis lonxe da realidade!!! O monitor díxonos que foramos agarrados á valla para empezar a collerlle o truco, pero pasados poucos minutos moitos de nós xa iamos sos polo medio da pista e sen axuda! Caemos? Claro que si! Pero o importante non é caer, senón aprender a levantarse, e nós fomos todos uns expertos niso!