sábado, 30 de abril de 2016

Intercambio co CEIP Antonio Palacios

Os nenos e nenas de 1ºB fixemos un intercambio de materiais e cartas cos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios de O Porriño. Fíxonos moita ilusión que nos mandasen un paquete, que nos chegou este venres. Por suposto, viña con remitente e selo...



Ao abrilo, atopamos varias cartas, sobres, un rollo e unha foto do grupo coa súa mestra Giovanna.



Ao abrir o primeiro sobre, había unha carta de Giovanna dirixida a todos nós:



No segundo sobre había unha carta dos nenos e nenas do Antonio Palacios dirixida a nós:



Logo había unha carta na que nos retaban a facer unha actividade, e as instrucións para realizala:



Así que nos puxemos mans á obra! A nosa tarefa consistía en realizar un mural xuntando de cada neno/a de Porriño tres cousas: unha foto co seu nome, un debuxo feito por cada un, e un bocadillo no que se describían brevemente. Logo tiñamos que facer outro mural-calendario coas fotos dos meses do ano e os nenos e nenas que cumplen cada mes. Aquí estamos neso!









Ao rematar o mural, este foi o resultado! 



Sobra dicir o ben que o pasamos, canto aprendemos sobre este grupo de estudantes de O Porriño, e o que imos desfrutar pensando que contestarlles e mandarlles a eles!



Deixámosvos aquí o enlace ao blogue "Pequenos Detectives", o blogue de aula dos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios, por se lle queredes botar un vistazo a tódalas cousas que fan coa súa súper mestra Giovanna,

Día da nai

Os nenos e nenas de 1ºB fixemos estes broches para regalarlles ás nosas nais no seu día especial. Moitas grazas por todo o que facedes por nós, mamis! Querémosvos!


Alain Rojo

O noso compañeiro Alain foi o seguinte en ser protagonista da semana, e trouxonos moitas fotos da súa infancia e da súa familia. Gustounos moito escoitar sobre o seu avó, e gustáronnos moito as fotos que trouxo de cando el era pequeno.





Formas xeométricas

Estamos a aprender as formas xeométricas en matemáticas, e como non, tivemos que facer unha manualidade sobre elas! Deste xeito foinos moi doado aprender cales eran os lados e cales os vértices.