luns, 23 de novembro de 2015

Cumple de Álvaro

Un compañeiro máis que abandoa os 5 anos e se une aos que xa temos 6. Xa so nos queda unha compi por cumplilos! Pola súa banda, Álvaro festexouno como se merecía: cun bizcoito que nos soubo moi, moi ben. Eso si, non quixo soprar as velas.

MOITAS FELICIDADES, ÁLVARO!



Figura en 3D

Seguindo co noso perfeccionamento da técnica 3D con liñas rectas e curvas, desta fixemos unha figura que cando rematemos, ha parecer que o folio no que a debuxamos esta dobrado, pero non deixedes que a vista vos engane, porque non o está. Rematarémolo ao longo desta semana e subiremos as fotos, pero de momento, como se adoita dicir, deixámosvos co "making of".






AQUÍ ESTÁN OS NOSOS DEBUXOS EN 3D!!! Non podedes dicir que non nos convertemos en expertos na técnica.







Cumple de Juan

Xa quedamos moi poucos con 5 anos. Case todos estamos xa nos 6. O último en unirse ao clube foi o noso compañeiro Juan, que nos trouxo dúas tartas a falta dunha, e demos boa conta delas. E iso, tendo en conta que acababamos de comer os bocatas co pan do Trigal!!! Que rico todo...

MOITAS FELICIDADES, JUAN!



Contacontos: Kids&Us

Ao cole viñeron dúas contacontos facernos unha pequena obra sobre indios e vaqueros, pero o mellor de todo foi que foi enteiriña en inglés! E non pensedes que tivemos problema en entendela, para nada! De feito gustounos, e participamos actuando con elas, cantando, bailando, perseguindo á india... So mirade as fotos e comprobádeo.








Deixámosvos un vídeo que tamén podedes atopar no blogue de 6º de infantil:
http://exploradorespequenos.blogspot.com.es/

mércores, 18 de novembro de 2015

Cumple de Xela

E Xela chegou aos seis anos!!! Aínda que houbo momentos en que bromeamos con que cumplía 83, realmente so son 6. Degustamos o seu bizcoito de lacasitos con moita gana, e non deixamos nin as farelas!

FELICIDADES, XELA!


luns, 16 de novembro de 2015

Cumple de Lucas

Esta semana espéramos unha sobredose de calorías, pois temos nada menos que tres cumples! Comezamos co de Lucas, que nos trouxo dúas super magdalenas con lacasitos para festexalo con nós.
Moitas felicidades, compañeiro, e moitísimas grazas!



domingo, 15 de novembro de 2015

Mans en 3D

Seguimos a traballar a luz e a cor en plástica. Esta vez, aprendemos a facer obxectos en 3D simplemente usando liñas rectas e curvas. Probamos a facer as nosas mans, e a verdade é que para ser a primeira vez que o fixemos, quedounos moi ben. Ollade!