sábado, 24 de outubro de 2015

Cociñamos

Co que compramos o outro día nós sos, e coas receitas que fixemos, preparamos uns deliciosos pratos que logo degustamos, e compartimos co resto do cole. Estamos feitos uns chefs!!!


O grupo formado por Daniela C., Juan, Noelia, Enzo, Uxía e Alain fixo unha deliciosa macedonia, e pasárono moi ben cortando a piña e o melocotón e preparando cada ración nun tupper.





O grupo de Carlos, Saray, Samuel, Miguel, Julieta e Anxo fíxonos uns deliciosos sandwiches que levaban ou chourizo ou xamón iork, e queixo. 





O grupo de Daniela R., Nerea, Catalina, Rodrigo, Marcos e Xián, fixo unhas brochetas de laranxa e mazá. E fixérono todo eles sos: pelar as froitas, cortalas e insertalas nos pinchos!





O grupo de Paula, Lucas, Xela, Álvaro, Antía e Izan encargouse dos canapés, e desfrutaron moito pondo cada cousa en orde: primeiro pan, logo chourizo, logo queixo e por último a oliva. Mirade que pinta!!!




E aquí tedes o resultado de tan esgotadora mañán de cociña:



Agora tocará comer entón!!! Vamoooooos!





ESTABA TODO BOÍSIMO!!! Xa so nos queda fregar os tupper e os coitelos, e limpar as mesas e o chan.



SOMOS UNS MASTER CHEFS!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario