mércores, 21 de outubro de 2015

Saída ao Mercadona

Hoxe fomos ao Mercadona para poñer en práctica o que levamos aprendido sobre a alimentación ao longo destas semanas.

LISTOS PARA ARRANCAR!

De camiño


E por fin chegamos! A primeira zona que vimos foi a froitería, onde aprendemos sobre froitas das que algúns de nós non escoitaramos falar nunca, coma o mango, o aguacate, a granada...



Logo fomos a sección das verduras, onde nos ensinou cousas taninteresantes como a yuca, ou as cebolas moradas. Tamén nos explicou por que había que coller as verduras con guantes. Sabédelo vós?




De aí fomos á pescadería, onde nos ensinou as ameixas, os langostinos, os berberechos, o pulpo, o rodaballo..... e facía moito frío nesa zona. Sabedes por que?



Tocou entón ver a charcutería e a carnicería, onde vimos os embutidos, nos contou por que se envasaban en lonchas, e nos ensinou un polo, codornices, un coello... e ensinounos ovos de codorniz! Foi moi curioso saber por que os ovos das codornices teñen pintas.





Na zona dos queixos case toleamos o ver tantas variedades: de vaca, de cabra, de ovella, con sal, sen sal, enteiro, loncheado, relado, en pó.....



Fomos para as pastas e fariñas, onde aprendemos que hai xente que non pode comer gluten, e entón existen produtos especiais para eles. Tamén nos ensinou os produtos feitos con tofu e con soia.



Os lácteos era o que máis coñeciamos, pero aínda así, Mariña conseguiu sorprendernos contándonos que había xente que era intolerante á lactosa, e para eles existía un tipo de leite feito con soia.



Tocou entón ver a panadaría, onde aparte de explicarnos como se facía o pan, nos deixou tocar unha luva de panadeiro! Que rara foi a sensación de ter unha luva de metal na man!



A continuación fomos a zona de produtos de hixiene e para as mascotas. Aprendemos que hai xente que ten mascotas moi raras!!



Por último visitamos a zona de perfumería, onde vimos a cantidade de cousas que pode chegar a haber para coidarse, maquillarse, etc.



E por fin tocou facer a compra! En grupos, e seguindo a nosa lista da compra, fomos buscar os produtos necesarios para preparar uns sinxelos pratos o venres.



Así rematou a nosa visita ao Mercadona, onde aparte de pasalo xenial, aprendemos moitísimas cousas, e marchamos coa ilusión de que en dous días imos cociñar a nosa propia comida! 



ATA A PRÓXIMA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario