luns, 19 de outubro de 2015

Obradoiro de cociña saúdable

Como parte do noso proxecto "Canto medro!", e aproveitando que estamos coa alimentación, fixemos un obradoiro de cociña saúdable, no que aparte de aprender moito sobre os alimentos que son sas e os que non o son, acabamos por facer unha ensalada que nos soubo moitísimo. Tanto, tanto, que prometemos facerlla na casa aos nosos pais para que vexan que boa estaba, e para que vexan tamén que estamos feitos uns expertos na cociña! Mirade que pinta ten...

Primeiro de nada, atendemos ás explicacións que nos deu a profe sobre o que era sá e o que non.







Logo diso comezamos a facer a nosa ensalada decorado, seguindo o exemplo.









Aliñámola entón......




Et voilà!





E por último veu a mellor parte de todas: COMELA!!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario