sábado, 31 de outubro de 2015

Izan Vilas: medallista

O noso compañeiro Izan quixo compartir con nós un gran logro que acadou esta semana: gañou unha medalla no fútbol! Ensinounos a medalla, contounos por que a gañara, e felicitámolo todos polo seu logro.

NORABOA, IZAN!!!


Samaín

E chegou o Samaín!!!! Unha das nosas festas favoritas... aínda que non nos agrada moito eso de pasar medo.

Para empezar a nosa compañeira Noelia trouxonos unha cabaza terrorífica para decorar a aula. MOITÍSIMAS GRAZAS a Noe e a súa mamá polo traballo e a colaboración.


Outra compañeira nosa, Nerea, foi quen de facer este cadaleito coa súa familia e traérnolo para decorar a entrada do cole. Non so está perfectamente feito, senón que aínda porriba dá moito medo!



A profe, aproveitando que era o último día de clase antes do Samaín, díxonos que podiamos vir coa cara pintada dun xeito terrorífico... E VAIA SE O LOGRAMOS! A algúns de nós que non viñamos pintados, pintounos ela. Aquí nos tedes a todos, pero avisamos que...

DAMOS MOITÍSIMO MEDO!!!!







O botiquín

A profe trouxo á clase un botiquín cun montón de cousas dentro, que nos ensinou, explicou, e deixou tocar. Vimos os tipos de medicamentos que hai, as cousas que se usan para curar unha ferida, e que cousas podemos atopar na farmacia para coidarnos e evitar pornos enfermos. Foi moi curioso sobretodo ver a radiografía dunha man que nos trouxo, onde puidemos apreciar un esguince cos nosos propios ollos! Como nos gusta esto da saúde....












Detectives de números

Entre o que estamos a investigar en ciencias, e agora en matemáticas, imos acabar sendo uns detectives profesionais!!



Sumas: verdadeiro ou falso?

Desta tivemos que investigar se as sumas eran verdadeiras ou falsas, recortalas e pegalas cada unha no seu sitio. A verdade é que se nos deu moi ben! Estamos feitos uns expertos en sumas!



Rincóns de mates

Esta semana quixemos probar a xogar nos rincóns pero con xogos de matemáticas que nos fixo a profe. Pasámolo moi, moi ben, e aínda porriba practicamos as cantidades, as sumas, as restas e o nome dos números!

O XOGO DAS SUMAS




PUZZLES DE CANTIDADES




O XOGO DAS RESTAS




OS PINGÜÍNS




OS MORCEGOS