venres, 9 de outubro de 2015

Descubrimos o noso corpo

Como tarefa final da parte do corpo humano do noso proxecto, fixemos por grupos unhas maquetas dos osos e dos aparatos respiratorio, dixestivo e circulatorio, e logo tivemos que investigar na nosa biblioteca do tema sobre as partes máis importantes de cada un deles.

Logo disto, contámoslles aos compañeiros como funcionaba cada un, e escoitáronnos con moita atención.

Esperamos que vos agrade tanto coma a nós!


O grupo formado por Enzo, Daniela C., Lucas, Uxía, Catalina e Rodrigo traballou o aparato respiratorio, e aprendemos moito vendo como as bolsas se inchaban tal como fan os nosos pulmóns cando collemos aire.

   


 



O grupo formado por Alain, Noelia, Xián, Julieta e Juan botoulle moita imaxinación, pois colleron unha camiseta vella, e montaron nela un aparato dixestivo, de xeito que ao pola, é como se puideses ver o teu estómago. Ollade...


          



Xela, Paula, Álvaro, Izan, Antía e Carlos montaron un esqueleto a tamaño real, e a pesares de que levaron moito traballo, puidéronnos ensinar un montón de cousas sobre os osos, como por exemplo cal é o oso máis longo do corpo. Sabédelo vós?








Do aparato circulatorio ocupáronse Anxo, Miguel, Saray, Nerea, Marcos e Daniela R. Moi ben o pasaron eles facendo con plastilina o corazón, as venas e as arterias. pero o máis importante é o ben que lles quedou e o ben que nolo souberon explicar. 
 
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario