domingo, 8 de novembro de 2015

Profesións: enfermeira

A mamá do noso compañeiro Juan, Bibiana, veu ao cole explicarnos como é a súa profesión. Tamén nos explicou curiosidades do corpo humano, ensinounos como é unha revisión de control de idade, como evitar coller enfermidades, como coidarnos no caso de collelas, primeiros auxilios... un montón de cousas! Aquí as tedes:

As cousas que trouxo para ensinarnos


Primeiro falounos da revisión médica, na que nos controlan o peso, a altura, a vista, os oídos... e fíxonos todo iso! Incluso houbo quen escoitou o seu corazón...

Escoitando o corazón:



Revisión de oídos:



Revisión da vista: 



Despois contounos cousas sobre os virus e as bacterias que podemos coller se non lavamos ben as máns, e como os científicos as detectan cos seus microscopios.




Seguimos cunhas nocións básicas de primeiros auxilios.

A maniobra Heimlich:



A posición lateral de seguridade:






 Ensinounos tamén algúns dos materiais que utiliza no seu traballo, como vendaxes, suero, gasas... e por suposto, deixounolo tocar!




Logo vimos unhas radiografías e Bibiana nos ensinou como facer unha vendaxe en caso de escordedura ou rotura. Incluso nos vendou a algúns de nós!






Seguimos no laboratorio, onde nos levou para ensinarnos o esqueleto, os órganos, os sentidos... 






Bibiana foi tan boa que ao final ata nos deixou unhas vendaxes na aula para que poidamos practicar no rincón de ciencias todo o que nos ensinou.



E tocou despedirse dela, con moita pena, porque mirade que nos contou cousas e todas elas moi interesantes e útiles! So nos queda agradecerlle a colaboración, a implicación e o ben que o fixo en todo momento!

MIL GRAZAS, BIBIANA!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario