domingo, 15 de novembro de 2015

Pizzeiros por un día

O mércores 11 de novembro, asistimos ao Telepizza da avenida de Florida para a actividade "Pizzeiros por un día". Non fará falta que vos digamos o ben que o pasamos, pois xa sabedes que esto de cociñar, e sobretodo comer, e do que máis nos agrada.

Primeiro de nada, houbo que ir ata alí.


Unha vez chegamos, sentámonos para escoitar o que Josefa e Raquel, as traballadoras do local, nos tiñan que contar sobre a alimentación sana, a pirámide dos alimentos, a hixiene...



Logo, algúns de nós saímos como axudantes de Josefa para a explicación.



Entón, Josefa contounos como era o proceso en cadea de facer unha pizza, e fixemos un teatrillo para demostrar que o entenderamos.



Dividíronnos por grupos para entrar a facer as pizzas, e mentras uns as facían, os demais quedamos no sitio a pintar e facer pasatempos.


E por fin entramos para facer as pizzas. En grupos de cinco ou seis, e cada un cun traballo específico, fomos facendo as pizzas. O primeiro grupo foron Nerea, Paula, Enzo, Izan, Uxía e Álvaro.







Os seguintes en entrar foron Xela, Saray, Antía, Juan, Anxo e Julieta.






Foi o turno entón de Lucas, Noelia, Daniela Celard, Rodrigo e Samuel.







Os últimos en entrar foron Daniela Rodríguez, Miguel, Carlos, Marcos e Alain.








E por fin chegou a hora máis esperada: A DE COMER! Non deixamos nin as farelas!





Con moito pesar, tocou despedirse de Josefa e Raquel, ás que lle agradecemos moito o ben que nos trataron, canto nos ensinaros, e sobretodo o boas que estaban as pizzas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario