domingo, 8 de novembro de 2015

Experimento co calcio

Como estamos dando en ciencias a saúde, e Bibiana nos contou que non coidando a hiniexe podemos coller moitas enfermidades, decidimos realizar un experimento para comprobar o que lles pode pasar aos nosos dentes con determinados alimentos. 

Para isto, usamos ovos. A súa cáscara, ao estar composta de calcio, sérvenos para ver que lle pasaría aos nosos dentes, tamén compostos de calcio. Así, sumerximos un ovo en kas laranxa, outro en café, e outro en vinagre.





Pasadas so dúas horas, os ovos xa mostraban danos...




Estamos desexando ver como nolos encontraremos o luns! E por suposto, en canto os vexamos, contarémosvolo!

[09-11-2015]
Non ides crer como estaban os ovos despois de 3 días neses líquidos!

O que estaba sumerxido en kas laranxa. perdera a parte exterior fina do cascarón, e tiña burbullas onde lle estaba a comezar a caer. Impactounos moito ver o que as bebidas carbonatadas lle poden facer aos nosos dentes!


O ovo que puxemos en café, tiña unha mancha obscura moi fea, que non se ía nin fretando con auga e xabón. Que noxo!



Pero sen dúbida o máis desconcertante foi o que estaba en vinagre... A CÁSCARA DESAPARECERA POR COMPLETO! So se vía o ovo que había dentro, porque o cascarón ao completo se desfixera ao estar en contacto co vinagre. Creo que a partires de agora, teremos máis coidado coas cantidades de vinagre que lle botamos á ensalada...


Ningún comentario:

Publicar un comentario