luns, 23 de novembro de 2015

Figura en 3D

Seguindo co noso perfeccionamento da técnica 3D con liñas rectas e curvas, desta fixemos unha figura que cando rematemos, ha parecer que o folio no que a debuxamos esta dobrado, pero non deixedes que a vista vos engane, porque non o está. Rematarémolo ao longo desta semana e subiremos as fotos, pero de momento, como se adoita dicir, deixámosvos co "making of".






AQUÍ ESTÁN OS NOSOS DEBUXOS EN 3D!!! Non podedes dicir que non nos convertemos en expertos na técnica.







Ningún comentario:

Publicar un comentario