domingo, 15 de novembro de 2015

Facemos pan

Dous traballadores da panadaría O Trigal, Cándido e maila súa filla Aldara, viñeron ao cole para contarnos como se fai o pan.

Primeiro explicáronnos como se cultivaban o trigo e o maíz para facer logo a fariña precisa para o pan.





 Despois fixo el a masa do pan usando tan so a fariña, sal, auga e levadura.




Logo fomos nós os que amasamos o pan, para que estivera consistente e non se rompera.







Para rematar, déronnos uns boliños de pan que enchemos con embutidos que trouxeramos da casa, e comemos os nosos propios bocatas. ÑAM, ÑAM!!!


20-11-2015
Os da panadería "O Trigal" volveron, desta con pan de trigo. Soubonos moito, e fixémonos uns bos bocatas cos fiambres que trouxeramos da casa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario