mércores, 17 de febreiro de 2016

Visita aos bombeiros

Como parte do noso proxecto de A nosa vila, fomos aprender como era o traballo dos bombeiros. Como os tiñamos preto, fomos velos ao mesmo estadio de Balaídos, e alucinamos con todo o que fan, pois non so se dedican a apagar lumes. 

Ao chegar o bombeiro Jose contounos as cousas que facían, e fíxonos moitas preguntas sobre o que sabiamos nós dos bombeiros.



Logo deixou que algúns nos probaramos o traxe de bombeiro.


Despois todos puxemos o casco e sentímonos como auténticos bombeiros!








Por se a visita non fose xa suficientemente emocionante, deixáronnos montar no seu camión!





Pois non pensedes que acabou aí a cousa, que logo aínda nos deixaron fozar na mangueira!!! E aprendemos como é o chorro normal, e o chorro abanico!





















Logo diso, fomos visitar o seu ximnasio, onde nos dixo que tiñan que entrenar 4 horas en cada turno... normal que logo sexan tan fortes!





Para despedirnos, fixémonos unhas fotos con eles subidos no camión que tiña a escaleira. Encantounos a visita! E por certo, dixéronnos que se volviamos por alí cos nosos pais e nais, que nos atenderían encantados. Moitísimas grazas aos bombeiro de Balaídos pola súa profesionalidade e bo trato!


Ningún comentario:

Publicar un comentario