domingo, 28 de febreiro de 2016

Profesións: policía

O pai do noso compañeiro Juan veu ao cole para explicarnos como é a súa profesión de policía, e grazas a el aprendemos moitas cousas sobre o oficio. Por suposto agora todos queremos ser polis!

Empezou ensinándonos como é o seu uniforme e que cousas usan os policías no seu traballo.



Logo púxonos un vídeo no que puidemos ver como actúan os cans policías. Alucinante!


E despois do vídeo... esposounos a algúns de nós!


O seguinte deixounos sen palabras: tomounos as pegadas dactilares a todos/as! E non so iso, senón que puidemos velas cunha lupa.








Aprendemos tamén como se poden sacar pegadas das palmas das mans nun papel. Primeiro fretamos as mans no pelo, puxémolas nun papel, e Miguel ao botar pó de ferro nel apareceron máxicamente as nosas mans marcadas no folio!



Por último, deunos uns carnets de policía no que imos poñer as fotos que nos fixemos coa gorra del. Mirade que super polis!








So nos queda agradecerlle a Miguel a súa colaboración, dicirlle que o pasamos moi ben con el, e que aprendemos moito sobre o seu oficio. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario