domingo, 28 de febreiro de 2016

Experimentos: O son

O laboratorio do centro propuxo uns experimentos co son nos que puidemos descubrir moitas curiosidades sobre o mesmo.

O TELÉFONO
Aquí puidemos escoitar como o son se propaga a través dun fío que estea tenso.



APAGA A VELA
Neste outro puidemos comprobar como as vibracións do son xeran suficiente aire como para apagar unha vela.



A PERCHA
Sabiades que o do teléfono, combinado cunha percha, fai que se golpeamos a percha, poidamos escoitalo polos vasos? Pero ollo! So se a percha é metálica.


AURICULARES
Por último, aprendemos que aínda que non poidamos escoitar algo porque ten un volume moi baixo, facendo un amplificador caseiro cunha cartolina, poderemos escoitar perfectamente como se estivese a un volume normal.










Antes de irnos, e sen que tuvese nada que ver co son, cadrou que xusto esa semana naceu un poliño ao que por suposto quixemos coñecer. Aquí volo presentamos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario