venres, 29 de xullo de 2016

Experto en ENFERMERÍA

O noso compañeiro Xián é todo un experto en moitas cousas, e unha delas é en coñecementos de enfermería. Para facernos a súa demostración, quixo vir acompañado da súa enfermeira favorita: Chus.


Comezaron explicándonos como se chaman os principais utis de enfermería, sobretodo os distintos tipos de xiringas e para que se usan cada unha delas.




Logo fixeron unha demostración de como se colle unha vía, para o que colaborou a nosa compañeira Xela:




A continuación, as mascarillas. Como poñelas e para que se usa cada unha:




As luvas tamén son unha parte importante na profesión de enfermería, pero... saberiades todos poñelas correctamente?


SO NOS QUEDA QUE AGRADECERLLE A XIÁN E A CHUS QUE COMPARTISEN OS SEUS COÑECEMENTOS DE ENFERMERÍA CON NÓS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario