venres, 29 de xullo de 2016

Experto en XOGOS DE MESA

Desta foi o noso compañeiro Anxo o que quixo demostrarnos en que é experto: nos xogos de mesa. Gústanlle moito, e notouse! Encantounos que nos explicara sobre varios xogos de mesa que descoñeciamos, como o de tobogáns e escaleiras.



Comezou polo xogo da oca, e quixo facernos unha demostración con Enzo.



Logo de ensinarnos a oca, explicounos o xogo de tobogáns e escaleiras, que foi un dos que máis nos gustou a todos! A demostración neste caso foi co noso compañeiro Rodrigo.





E por último, o parchís. Este coñeciamolo case todos, pero aínda así, agradounos o ben que nolo soubo explicar. E Marcos e Anxo xogaron unha partida!


MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS COÑECEMENTOS! ESTAMOS DESEXANDO POLOS EN PRÁCTICA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario