martes, 8 de decembro de 2015

Pequenos científicos

Roberto, o papá do noso compañeiro Marcos, veu ao cole ensinarnos parte do seu traballo como científico nun laboratorio. Fixemos uns experimentos moi chulos con el, e con cousas das que todos e todas tedes na casa, así que animádevos a facelas na casa vós tamén!

Comezamos xa con todas estas preguntas.

Roberto comezou ensinándonos o que é unha lombarda, e a cor que colle a auga cando se coce.

Nun recipiente botou a auga de lombarda e sacou unha laranxa, un limón, unha coca cola, bicarbonato, e vinagre. Xa veredes para que...

Claudia expremeu un limón nun pouco de auga...

E isto foi o que pasou ao botarlle a auga da lombarda á auga con limón.

Logo mesturamos auga con coca cola, e ao botarlle a lombarda...




O terceiro experimento foi con auga e vinagre.


A continuación foi a mestura de auga con bicarbonato...


E por último, probamos a ver que pasaba mesturando auga con laranxa, máis a auga da lombarda.


Cambiamos de tipo de experimento para aprender como podemos facer fácilmente un volcán na nosa casa, simplemente mesturando vinagre con bicarbonato. Mirade!


Aínda impresionados polo experimento do vinagre e o bicarbonato, Roberto volveunos deixar coa boca aberta ao botar nun tubo de ensaio auga da lombarda, aceite e alcol, e ver que quedaban en capas.

Remexeu todo, e mirade como quedou:


E logo de pousalo uns minutos... podedes crer que o alcol quedou mesturado ca auga, pero que o aceite foi separándose deles e quedou porriba?

Empezamos entón cos experimentos de flotación... 

FLOTAN AS PEDRAS? E O FERRO?


NON, VERDADE? 

Pois en realidade, depende! Fixádevos como unha caixa de ferro cargada de pedras FLOTA.


Para despedirnos de Roberto, fixémonos unha foto con el, Moitísimas grazas por ensinarnos o divertida que pode ser a ciencia, e por suposto, esperamos volver verte no cole facendo máis experimentos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario