sábado, 12 de decembro de 2015

Calendario de advento

Comezou a conta atrás para o Nadal na nosa clase, e como non, fixemos un calendario de advento cunha actividade distinta de Nadal para cada día. Iremos engadindo as que vaiamos facendo, así que estade atentos!

Calendario de advento

Comezamos aprendendo a historia do apalpador e lendo o conto "Antón e o apalpador".



Aprendemos unha panxoliña! De feito gustounos tanto, que decidimos que sería a que cantemos no Festinadal. Aquí vola deixamos para que a escoitedes.




Facemos un pasatempo navideño. Neste caso, un sudoku, e que entretido foi.







Degustamos doces de Nadal. Esta actividade do calendario foi, sen dúbida, a mellor! Que ricos estaban os mazapáns, os polvoróns e o turrón...




Ningún comentario:

Publicar un comentario