venres, 13 de maio de 2016

Nemo o peixe

En ciencias estamos traballando os seres vivos, e dentro da parte dos seres vivos, decidimos que que mellor maneira de aprender as características dos animais que traéndoos ao cole e véndoos de preto. Deste xeito, están vindo a visitarnos varias mascotas da aula, e a primeira delas foi Nemo, o peixiño de Paula del Río. Veu ao cole pasar unha mañá con nós, e coidámolo moi ben e aprendemos moito sobre as características dos peixes. Moitas grazas a Nemo, e a Paula e a súa familia pola colaboración. 






Coas mascotas que vaian vindo visitarnos, faremos un libro de mascotas que en breve comezará a ir de casa en casa para que todos e todas as poidamos aprezar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario