Os nenos e nenas de 1ºB fixemos un intercambio de materiais e cartas cos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios de O Porriño. Fíxonos moita ilusión que nos mandasen un paquete, que nos chegou este venres. Por suposto, viña con remitente e selo...
Ao abrilo, atopamos varias cartas, sobres, un rollo e unha foto do grupo coa súa mestra Giovanna.
Ao abrir o primeiro sobre, había unha carta de Giovanna dirixida a todos nós:
No segundo sobre había unha carta dos nenos e nenas do Antonio Palacios dirixida a nós:
Logo había unha carta na que nos retaban a facer unha actividade, e as instrucións para realizala:
Así que nos puxemos mans á obra! A nosa tarefa consistía en realizar un mural xuntando de cada neno/a de Porriño tres cousas: unha foto co seu nome, un debuxo feito por cada un, e un bocadillo no que se describían brevemente. Logo tiñamos que facer outro mural-calendario coas fotos dos meses do ano e os nenos e nenas que cumplen cada mes. Aquí estamos neso!
Ao rematar o mural, este foi o resultado!
Sobra dicir o ben que o pasamos, canto aprendemos sobre este grupo de estudantes de O Porriño, e o que imos desfrutar pensando que contestarlles e mandarlles a eles!
Deixámosvos aquí o enlace ao blogue "Pequenos Detectives", o blogue de aula dos nenos e nenas de 1ºA do CEIP Antonio Palacios, por se lle queredes botar un vistazo a tódalas cousas que fan coa súa súper mestra Giovanna,
Olaaaa!!, Son unha mamá dos nenos de Porriño. Foi un pracer coñecervos!! Que boa iniciativa tivestes!!! Efectivamente, temos unha gran mestra da que estamos moi orgullosos!!!
ResponderEliminarEstamos desexando ver o que ides preparar e saber máis cousas de vós. Unha aperta grande a todos os meniños de Balaídos!!
Moitas grazas polo teu comentario, Judith. Aquí en Balaídos estamos moi ilusionados pensando que responderlles aos nenos/as de Porriño, e xa tivemos algunha idea que nos agradou moito, e que vai supor todo un reto. Esta semana sairedes de dúbidas!
EliminarUn saúdo.
Diana