domingo, 13 de marzo de 2016

Profesións: a radio

O pai da nosa compañeira Daniela Rodríguez veu ao cole para contarnos como é iso de traballar na radio, e aprendemos moitas cousas sobre o oficio de comercial. Tamén nos dixo o que era unha cuña publicitaria, e ata nos ensinou algunhas.

Logo visitamos a páxina web da radio onde el traballa, e puidemos escoitala un ratiño, pero... o mellor de todo foi que saímos nela! Podedes escoitar o audio na entrada deste blogue "Aparecemos na radio".

Aquí vos deixamos as fotos de Pablo, o pai de Daniela, na nosa aula.




MOITAS GRAZAS, PABLO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario